Por que foi tan importante a pedra de Rosetta? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Por que foi tan importante a pedra de Rosetta?

Franziska Naether (autoría)
Descrición En 1799, durante a invasión da milicia francesa en Exipto, un militar atopou unha pedra estraña na cidade de Rashid (ou Rosetta). A pedra contiña un texto inscrito en tres sistemas de escritura diferentes: xeróglifos exipcios, demótico exipcio e grego antigo. Os militares ingleses interceptaron a pedra e levárona en 1802 ao Museo Británico e varios estudosos europeos, entre os que destaca Jean-François Champollion, traballaron ata conseguir descodificar os textos. Neste vídeo de TED (5´ 16´´) Franziska Naether explícanos como se realizou este traballo ata lograr a tradución completa a comezos da década de 1850 e por que foi tan importante este logro para o posterior coñecemento da historia da civilización exipcia.

A tradución ao galego é de Diego Rodríguez Vila.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
5 minutos e 16 segundos