Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas. Capítulo 6 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas. Capítulo 6

Descrición Sexta entrega (1´ 42´´) da serie de vídeos didácticos nos que Esther Estévez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas. Neste capítulo aprenderás a pronunciar correctamente as palabras rematadas en -ea /-eo. Tamén descubrirás unha regra moi doada para saber como se pronuncian os nomes das letras do abecedario que comeza por e- (efe, eme...), así como os que comezan por unha consoante seguida da vogal “e” (be, ce...).

A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

Material complementario:
Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 42 segundos
Entidades
Creación: Televisión de Galicia