Como se investiga o cancro no laboratorio? | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Como se investiga o cancro no laboratorio?

Anxo Vidal Figueroa (autoría)
Descrición O laboratorio de Ciclo Celular e Oncoloxía (Ciclon) do CiMUS estuda os mecanismos celulares e moleculares da transformación tumoral e aplica o seu coñecemento ao descubrimento e validación de novas terapias contra o cancro. Neste vídeo divulgativo (8´ 07´´) o investigador Anxo Vidal cóntanos como se realiza o traballo de investigación neste laboratorio.

Esta charla retransmitiuse en directo o 28 de novembro de 2020 no marco da xornada virtual Ciencia Singular 2020, organizada pola USC.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
8 minutos e 7 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Creación: Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS)