Sistema motor e fatiga central | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Sistema motor e fatiga central

Descrición Sabías que un movemento tan aparentemente sinxelo como o de dar golpes repetidamente co dedo índice cando estamos aburridos involucra músculos, sistema nervioso, cerebro, medula espiñal e neuromodulación? Elena Madinabeitia Mancebo, investigadora na Universidade da Coruña, preséntanos neste vídeo divulgativo (4´ 57´´) a súa tese doutoral, na que estudou a fatiga que xera este tipo de movemento repetitivo que facemos ao mover un dedo.

Este vídeo foi premiado na categoría C (para teses de doutoramento) da terceira edición do certame Cóntame a túa investigación!, organizado pola Universidade da Coruña en 2025.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
4 minutos e 57 segundos
Entidades
Creación: Universidade da Coruña