Tesouros Humanos Vivos: a riqueza no río Miño | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Tesouros Humanos Vivos: a riqueza no río Miño

Descrición Os tesouros humanos vivos son individuos ou grupos que posúen en sumo grao as habilidades e técnicas necesarias para crear, producir e reproducir determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial. Neste vídeo didáctico (31´ 23´´) poderás achegarte, da man dos seus protagonistas, ao patrimonio inmaterial que se xerou historicamente ao redor do río Miño: cultura, saberes, medios de vida...

O vídeo foi realizado pola Asociación Cultural Ponte... nas ondas! para a Deputación de Pontevedra, CIM Alto Minho, Fundación CEER e AECT Río Minho.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
31 minutos e 23 segundos
Entidades
Creación: Ponte nas Ondas