Mellora da transición cara a fase post-hospitalaria das familias con dano cerebral | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Mellora da transición cara a fase post-hospitalaria das familias con dano cerebral

Descrición A Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense preséntanos neste vídeo (2´ 16´´) un proxecto deseñado para dar resposta ao momento crítico da alta hospitalaria dos doentes con dano cerebral. O obxectivo é o asesoramento e acompañamento ás familias desde o primeiro momento, para activar o proceso de rehabilitación nesta fase inicial (cando é máis eficaz) e diminuír o grao de estrés e incerteza.

Este foi un dos traballos gañadores dos V Premios de Innovación en Saúde, organizados en 2025 pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 16 segundos
Entidades
Creación: Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS)