Fármacos con billete directo á raíz do cancro | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Fármacos con billete directo á raíz do cancro

Descrición Neste vídeo divulgativo (2´ 20´´) o equipo da profesora María José Alonso, do CiMUS-Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, fálanos de novidosas estratexias para a vehiculización de fármacos contra o cancro. Concretamente, explícanos como grazas á nanotecnoloxía se están a desenvolver novos tratamentos contra o cancro baseados na medicina personalizada, que xa deron resultados positivos en estudos en vivo con animais en modelos de cancro de pulmón, de páncreas e de colon (tres dos tumores con maior incidencia na poboación).
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 20 segundos
Entidades
Creación: Universidade de Santiago de Compostela
Creación: Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS)