Trataremos a artrose e a endometriose con células nai | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Trataremos a artrose e a endometriose con células nai

María Arufe Gonda (autoría)
Descrición María Arufe, investigadora do Grupo de Investigación en Terapia Celular e Medicina Rexenerativa da UDC, preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 16´´) unha infografía sobre o uso terapéutico das células nai para tratar enfermidades que presentan un compoñente inflamatorio (como a artrose e a endometriose), que adoitan estar asociadas ao proceso de envellecemento e á calidade de vida.

Esta infografía elaborouse no marco da iniciativa "Digulgando o noso", promovida pola Universidade da Coruña e o Concello da Coruña, para difundir entre o público xeral o traballo de investigación que se está a desenvolver na UDC.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 16 segundos
Entidades
Creación: Universidade da Coruña