Atrévete a pescudar con elas! 2026 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Atrévete a pescudar con elas! 2026

Descrición Co gallo da conmemoración do Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia do ano 2026, diferentes investigadoras da Universidade da Coruña (dos ámbitos da comunicación audiovisual, a bioinformática, a economía, a terapia ocupacional e a fisioterapia) fálannos neste vídeo divulgativo (8´ 08´´) da súa traxectoria científica e vital, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.

Esta peza foi elaborada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
8 minutos e 8 segundos
Entidades
Creación: Universidade da Coruña