Unha pregunta sinxela que podería mellorar a saúde das mulleres | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Unha pregunta sinxela que podería mellorar a saúde das mulleres

Meryam Sugulle (autoría)
Descrición Meryam Sugulle, doutora e investigadora no Hospital Universitario de Oslo, fálanos nesta charla de TED (15´ 16´´) do papel da placenta durante a xestación e de como unha placenta disfuncional inflúe nas complicacións do embarazo e na futura saúde cardiovascular da nai. A doutora Sugulle propón introducir unha simple pregunta nos controis ritineiros de saúde que se lles fan ás mulleres: "tiveches complicacións durante o embarazo?", xa que este é un indicador fiable da necesidade de facer un seguimento personalizado que evite futuros problemas de saúde.

Tradución ao galego de María Suárez Seijas para #TEDSaúde.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
15 minutos e 16 segundos