Combate a menopausa coa túa forza | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Combate a menopausa coa túa forza

Eliseo Iglesias Soler (autoría) · Jessica Rial (autoría)
Descrición A menopausa ten un grande impacto na saúde da muller, derivado dos importantes cambios hormonais que se producen nesta etapa. Neste vídeo divulgativo (1´ 45´´) Jessica Rial, do Grupo de Investigación Performance and Health Group (PH-G) da Universidade da Coruña, preséntanos unha infografía sobre o impacto dos exercicios de forza para combatar a sintomatoloxía asociada á menopausa, centrándose nas adaptacións cardiovasculares, metabólicas e neuromusculares.

O responsable da información é Eliseo Iglesias Soler e a infografía elaborouse no marco da iniciativa "Digulgando o noso", promovida pola Universidade da Coruña e o Concello da Coruña, para difundir entre o público xeral o traballo de investigación que se está a desenvolver na UDC.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
1 minuto e 45 segundos
Entidades
Creación: Universidade da Coruña