Programa da manifestación nacional e a Romaría Lilá que tivo lugar en Vigo convocadas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto en xuño de 2014
Descrición
Manifestación e Romaría fanse coincidir coa celebración do pleno extraordinario do Consello Xeral do Poder Xudicial no que se estuda o anteproxecto de reforma da lei do Partido Popular. A manifestación saíu da estación de trens e rematou na Porta do Sol. Aquí, tras ler o manifesto, deu comezo a Romaría Lilá con obras de teatro na rúa, exposicións fotográficas, zona de crianzas, obradoiros artesanais e actuacións musicais dos grupos Habelas Hainas, The Teta´s Van e Sonia Lebedynski. O acto foi conducido pola actriz Isabel Risco que fai ademais un chamamento a participar na iniciativa O legado das parrochas a partir do día seguinte. (15/06/2014)