Texto do documento de setembro de 2016 da Coordinadora Galega da Marcha Mundial, integrante da PGDA, dirixido á Fiscalía do Tribunal Superior de Galicia
Descrición
Fíxose entrega do documento o día 28 de setembro de 2016 no decurso da reunión que tiveron coa Fiscalía varias representantes da Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto na Coruña e persoal do Centro de Orientación Familiar a fin de reactivar o caso dos abortos terapéuticos. Mentras isto sucede, na rúa, diante da Audiencia Provincial, ten lugar unha concentración (28/09/2016).