Enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC)

Descrición A EPOC é unha enfermidade pulmonar inflamatoria crónica que cursa tanto con síntomas respiratorios (tose crónica), como non respiratorios (debilidade, disfunción diafragmática, alteracións funcionais e emocionais...). Malia non ser unha enfermidade curable, hai tratamentos farmacolóxicos e non farmacolóxicos (como a fisioterapia) que poden frear a súa progresión e mellorar a calidade de vida do doente. Neste vídeo divulgativo (2´ 05´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia pon o foco na importancia do exercicio terapéutico para a rehabilitación pulmonar.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
2 minutos e 5 segundos
Entidades
Creación: Colexio de Fisioterapeutas de Galicia