Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía. Segundo diálogo: Enxeñaría de Camiños | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Diálogos interxeracionais en ciencia e tecnoloxía. Segundo diálogo: Enxeñaría de Camiños

Ana Fernández Prieto (conferenciante) · Noelia Fernández Rodríguez (conferenciante) · Ramón Ramos Duro (conferenciante)
11/10/2022
Descrición Este diálogo centrarase na enxeñaría de camiños e nel participarán Ramón Ramos Duro, durante moitos anos enxeñeiro responsable da Unidade Técnica de Audasa; Ana Fernández Prieto, directora das obras de ampliación da ponte de Rande, e Noelia Fernández Rodríguez, alumna de mestrado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña.

Trataranse neste encontro temas como os estudos de enxeñaría antes e agora, o impacto da informática nos cálculos que precisan facer os enxeñeiros, a incorporación da muller aos estudos superiores técnicos e as perspectivas laborais pasadas e futuras dos graduados e graduadas en Enxeñaría de Camiños. Abordaranse tamén aspectos de índole persoal, por exemplo os relativos aos momentos máis gratificantes e máis difíciles dunha carreira técnica.

A actividade terá lugar no Centro de Interpretación da Batalla e o Patrimonio Cultural de Rande, en Meirande (Redondela). Esta localización permitiranos estar ao pé dunha obra icónica da enxeñaría de camiños en Galicia: a ponte de Rande, que foi todo un reto, non só no seu deseño e construción, senón tamén na súa posterior ampliación.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
11/10/2022