A conservación de froitas e verduras é unha ciencia | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

A conservación de froitas e verduras é unha ciencia

Jenny Du (autoría)
Descrición Nesta charla de TED (11´ 49´) a química e enxeñeira Jenny Du fálanos dunha técnica innovadora de inspiración botánica para alongar a vida útil dos alimentos frescos, que usa os mesmos elementos que conforman as tonas das froitas e verduras, axudando deste xeito a combater o desperdicio de comida e a promover un sistema alimentario máis saudábel e sostíbel.

A tradución ao galego é de Irene Tejado Montero e foi un dos traballos finalistas no certame #traduceTED 2025, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
11 minutos e 49 segundos