Manuel Lourenzo: unha conversa de 2023 | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Manuel Lourenzo: unha conversa de 2023

Tito Asorey (Dirección) · Manuel Lourenzo (entrevistado/a) · Tito Asorey (entrevistador/a) · Vanesa Sotelo (entrevistador/a) · Jairo Iglesias (Membro de equipo técnico) · Pedro Tizón (Membro de equipo técnico)
21/05/2026
Manuel Lourenzo foi o pioneiro do teatro galego moderno. Autor, director, mestre e traductor nunha época de persecución e represión, fixo da escena un acto de resistencia, beleza e memoria. Autor de centos de textos dramáticos, gañou o Premio Nacional de Literatura Dramática, e converteu o teatro nun xeito de construir identidade para Galicia. O seguinte vídeo é un anticipo da entrevista íntegra realizada a Manuel Lourenzo para o documental Memoria do Teatro Galego na Transición por Vanesa Sotelo e Tito Asorey. Nela o dramaturgo do Valadouro reflexiona sobre toda unha vida adicada á consolidación do tecido escénico galego. Desde a fundación do Teatro Circo, a Agrupación O Facho, ata a Escola Dramática Galega, clave na publicación de textos dos autores da diáspora.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Data
21/05/2026