Santander 15-VIII-48.
Sr. Dn. Ramón Cabanillas.
Meu querido e ademirado Cabanillas: Escribín moi de présa e axitado e inquedo a carta de fai poucos días. Hoxe, e sempre, quixera parolar contigo. Tiña de ser nas rúas de Sant-Iago, ou nun antigo e ilustre país da nosa terra. Estás cruzando unha esfera de dúbidas, de acusaciós do tempo perdido —n'hai que escoitalas, son perigosas gandideiras— de graves pensamentos. Pásanse outras na vida. Mais nelas non falla o diálogo nin a compaña. Imos sendo compañeiros na mesma travesía, e podo falarche con algunha verdade. Dende logo o se decatar das grandezas e perigos da vellez non é de todos. Ise teu esprito balborda de espranza e de sentimento do infindo. Como dinantes, cando eras mozo. E millor que dinantes. Estás no outono qu'ha madurecere o pomar da túa poesía. Tes que coidar da edizón con mimo e amor. Poucas veces se terá dado unha unidá semellante entre o home e a poesía coma en ti. Ise traballo de lembranza e fortecemento ha facerte ben en todos os aspeitos... dende longo precisa a língoa dunha boa escola de tradutores. Pra ti fermosa angueira o poeta que máis ames. Pro a túa laboura de arestora penso eu que debe ser a de sempre. Algún espazado poema —xa que gostas de enxergar a túa obra com'un fermoso archipiélago, de lonxe—, e, por que non un libro de prosas galegas? As túas soidades, os viaxes, os amigos, o Salnés, os craustros de San Martiño, teus xogos e vougas espranzas de neno. Tantas cousas que veñen a ser variación dos mesmos poucos e fondos sentimientos. Ise traballo, feito pouco a pouco, faríate moito ben. Podia que eu estexa equivocado, podia que non. Estás sofrindo da soedade, do primeiro embate, e vai fuxindo aquila doce sensualidade das horas. Isto é dooroso sobre todo na Galiza. Pro logo se decata un, c'axuda dos libros relixiosos, e co propio meditar, qu'a beleza volve a nos afalagar, afora vertida de formas superiores. Astra trocar en craustro un hourizonte aldeán, unha vila, o mesmo barullar das cidades. Tes unha fermosa ilusión: Samos. Unha tempadiña. Mais aló o inverno semella do norde de Burgos, a lus é pouca, o frío dino dos primeiros tempos da épica castelán. Unha tempadiña na reitoral dun crego amigo. E Compostela toda ela o máis harmoñoso e silente craustro, sabendo dispor as horas. Falaríamos moito de isto. Pro xa está soando no xardín perto do hoteliño en que escribo unha dura conversa cántabra. Si moi rexa e baril, pro falla eiquí aquila graza e dozura. Nos primeiros de setembre estarei, si Dios o quer en Trasalba. E no mes que vén, ou no seguinte teño de voltar a Sant-Iago. Avisarei pra botarmos unha parrafada. Mil apertas, querido tocaio. Sempre teu,
Ramón Otero Pedrayo

Descrición
Desde Santander, Otero Pedrayo dálle azos a Cabanillas, que atravesa unha etapa de soidade e de dúbidas ante a vellez. Aconséllalle coidar a edición da súa obra poética, dedicarse á tradución —pois a lingua precisa dunha boa escola de tradutores— e escribir un libro de prosas galegas sobre as súas lembranzas, e comenta o proxecto do poeta de pasar unha tempada no mosteiro de Samos.