Carta de Otero Pedrayo a Cabanillas. 1959 | epístola | Consello da Cultura Galega
epístola

Carta de Otero Pedrayo a Cabanillas. 1959

Ramón Cabanillas (Destinatario/a) · María Josefa “Fita” Bustamente (Mencionado/a) · Ramón Otero Pedrayo (Remitente) · Francisco Fernández Rei (Transcrición)
24/08/1959
O teu navegador non soporta PDFs incrustados. Descargar PDF
Buenos Aires 24 do agosto 1959

Sr. Dn. Ramón Cabanillas

Querido e lembrado irmán:

Vén vogando por nubes craras do agosto o San Ramón. Eu pasareino con Fita no mar, camiño das portas do outono galego. Que disfroites dun ditoso día cos teus, cas memorias dos amigos, co agasallo das foulas e das froumas! Non sabes que groria de aprausos cando voa teu nome ou o de algunha das túas creaciós —Vento mareiro, Samos, Da Terra asoballada, A rosa de cen follas— diante de un auditorio galego...

Traballei o que puden, con fidalguía e sementando a paz ás5 mancheas. É un consoo e un premio o latexar galego eiquí.

Saúdos de Fita. Sempre teu vello ademirador, teu irmán

Ramón Otero Pedrayo

Notas á transcrición
5 Na carta lese "as mancheas". Corrixo con "ás" tal como aparece na súa obra literaria.
Descrición Desde Bos Aires, onde era convidado de honra das Xornadas Galegas do Centro Galego, Otero Pedrayo felicítalle a Cabanillas o día de San Ramón e cóntalle a acollida entusiasta que a súa obra —Vento mareiro, Samos, Da terra asoballada, A rosa de cen follas— ten entre a emigración galega. É a segunda viaxe de Otero á Arxentina, despois da de 1947.
Tipo de material
epístola
Data
24/08/1959
Medidas
1 páxina
Entidades
Propiedade: Concello de Cambados
ámbito: Centro Galego. Bos Aires
Arquivo depositario: Museo Ramón Cabanillas
Localizacións
orixe: Bos Aires
destino: Cambados
Ficha descritiva
[Carta manuscrita autógrafa]
Localización física
Arquivo do Museo Ramón Cabanillas (Concello de Cambados). Legado da Familia Cabanillas
Notas
Transcrición e edición: Francisco Fernández Rei (Instituto da Lingua Galega, USC), segundo os criterios expostos no texto de presentación da edición.
Ficheiros orixinais recibidos (unidos neste PDF): IX. 5__24-8-1959 Carta autógrafa de Ramón Otero Pedrayo (desde Buenos Aires) a Ramón Cabanillas (Cambados).jpg.pdf
Notas legais
Orixinal propiedade do Arquivo do Museo Ramón Cabanillas do Concello de Cambados (legado da Familia Cabanillas).