0:00 / 0:00
Descrición
Fundou Celanova, promoveu un mosteiro para mulleres, xestionou un amplo patrimonio e tomou decisións de grande autonomía para unha muller da época. Ilduara Eriz transcendeu moitos dos límites impostos ás mulleres do seu tempo, pero houbo unha porta que non puido cruzar en vida: a do Mosteiro de San Salvador de Celanova. Alí foi enterrada por petición do seu fillo, San Rosendo.


