O Museo de Pontevedra<!--Entrevista a Filgueira Valverde sobre o Museo de Pontevedra--> | Audio. Voz. Entrevista | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Entrevista

O Museo de Pontevedra

Xosé Filgueira Valverde (entrevistado/a)
07/08/1995
0:00 / 0:00
Descrición No marco da entrevista que fai parte da Colección “As nosas voces”, o polígrafo lembra que “cando fundamos o Museo (de Pontevedra) predominaba o concepto de museo como almacén”. Explica tamén que grazas aos seus estatutos, redactados por un padroado en que estaban, entre outros, “Sánchez Cantón, Castelao, Losada Diéguez… , un grupo de xente moi experta que coñecían o que pasaba polo mundo adiante e sabían que había museos como finalidades didácticas”. O Museo de Pontevedra foi, alén de almacén, un centro investigador e con fin didácticos pioneiro na súa orientación. “Foi o primeiro museo con pedagogos para guiar as visitas escolares, tivo bolseiros, e formou investigadores” apunta Filgueira Valverde.
Tipo de material
Audio. Voz. Entrevista
Data
07/08/1995
Medidas
Duración de 5 minutos e 37 segundos
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Localizacións
gravación: Pontevedra
Ficha descritiva
Extracto de entrevista en gravación sonora
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
Colección: As Nosas Voces ; n.º 12