O Seminario de Estudos Galegos e Fermín Bouza Brey<!--Conferencia de Filgueira Valverde sobre o Seminario de Estudos Galegos e Bouza Brey--> | Audio. Voz. Conferencia | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Conferencia

O Seminario de Estudos Galegos e Fermín Bouza Brey

Xosé Filgueira Valverde (conferenciante) · Fermín Bouza Brey (Obxecto de estudo)
17/05/1992
0:00 / 0:00
Descrición No marco dunha conferencia pronunciada en 1992, Filgueira Valverde lembrou dúas datas compostelás moi emotivas para el. Dunha banda o 12 de outubro de 1923, cando “seis escolares nos xuntamos no Castro de Ortoño naquelas longas camiñatas que faciamos pola cercanía de Compostela para fundar o Seminario de Estudos Galegos”. A segunda data foi o día que Fermín Bouza Brey ingresa na Real Academia Galega cun traballo que “xunta a súa sensibilidade lírica e o seu saber do pobo no que o tema escollido foi a auga nas nosas tradicións”.
Tipo de material
Audio. Voz. Conferencia
Data
17/05/1992
Medidas
Duración de 2 minutos e 41 segundos
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Mención: Real Academia Galega
Localizacións
gravación: Cortegada [prov. OU]
Ficha descritiva
Extracto de conferencia en gravación sonora
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
Colección: Antonio Piñeiro