0:00 / 0:00
—Quizais por ese xuramento que comentabas antes que fixeches nos montes de Carballo, e por outras cousas, foi polo que un día, sen pensalo moito, tiveches que marchar a Colombia. Colombia é moitas cousas para o señor Avilés de Taramancos porque alí viviu vinte anos nin máis nin menos, e ademais vinte anos que son moi importantes. Desde os vintecinco. En fin, toda a vida.
—Pois si. Non toda a vida porque aínda hai moito por facer pero si, quizais, a parte máis importante da vida, dos vintecinco aos corenta e cinco anos. E sobre todo porque para min Colombia é tamén a miña terra, loxicamente, porque dalgunha maneira eu non son un emigrante que fose en busca de fortuna, nin moito menos, senón que me fun integrar a un país e a unha xente. De alí é a miña muller e os meus fillos e entón convivín e participei na vida de Colombia; fun un colombiano máis mentres estiven alá e síntome aínda colombiano, loxicamente, na parte que me toca.

Descrición
Entrevista 1: Gravación extraída do programa radiofónico O son da súa vida, conducido por Cristina Lombao. Radio Galega. 1989.