<cite>Homenaxe a Avilés de Taramancos</cite> 28: Entrevista na Radio Galega | Audio. Voz. Entrevista | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 28: Entrevista na Radio Galega

Antón Avilés de Taramancos (entrevistado/a) · Cristina Lombao (entrevistador/a)
00/00/1989
0:00 / 0:00
—Antón, en Colombia fixeches de todo. Se o primeiro día gastaches cinco dólares dos nove que tiñas ¿como fixeches para seguir vivindo?
—Pois gastei cinco dólares porque me levou dous dólares o taxista do aeroporto ao hotel e dous dólares a primeira noite de durmida e algo que houbo que comer; xa se foron os cinco primeiros dólares e o susto foi terrible porque non me quedaban máis que catro e loxicamente xa non sabía cómo ía vivir ao outro día. Entón había que buscar traballo de inmediato no que fose, e, ademais, co problema de que eu non tiña a ninguén en Colombia, non coñecía a ninguén. Entón loxicamente ao outro día pola mañá foi tratar de buscar toda a prensa que puidese atopar e a ver qué posto de traballo había onde fose. Pasei aínda así uns catro ou cinco días sen atopar nada ata que atopei un posto de corrector de probas nunha imprenta onde me daban xusto para facer unha comida ao día e para poder durmir. E así pasei tres ou catro meses, pero despois xa fun coñecendo o ambiente e xa me fun máis ou menos colando nel ata que quedei integrado ao país.
Descrición Entrevista 1: Gravación extraída do programa radiofónico O son da súa vida, conducido por Cristina Lombao. Radio Galega. 1989.
Tipo de material
Audio. Voz. Entrevista
Data
00/00/1989
Medidas
Duración de 1 minutos e 04 segundos
Publicacións
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Emisión: Radio Galega
Etiquetas
Ficha descritiva
Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
Notas legais
Copyright da edición, Consello da Cultura Galega