<cite>Homenaxe a Avilés de Taramancos</cite> 29: Entrevista na Radio Galega | Audio. Voz. Entrevista | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 29: Entrevista na Radio Galega

Antón Avilés de Taramancos (entrevistado/a) · Cristina Lombao (entrevistador/a)
00/00/1989
0:00 / 0:00
—Por aí lin eu, cando buscaba algunha documentación sobre a túa vida, que en Colombia exerceches desde como corrector de probas ata os oficios máis impensables e que nos soan a nós como máis exóticos. Fuches guía polas montañas, fixeches de todo.
—Si porque aos vintecinco anos enxergas a vida dunha maneira moi libre e sen pensar en riscos nin en cousas. Vívela intensamente. Entón, tamén na América conflúen todos os personaxes, e eu coñecín alí ao Miguel de la Quadra Salcedo, que naquel momento estaba vivindo nun edificio en construcción, colgado cunha hamaca por alí e saía todas as tardes pola carreira […]. Entón coñecémonos, fixémonos moi amigos e tivemos unha serie de idas pola selva ao Amazonas, a Leticia, a Iquitos, ao Perú. Tivemos unha serie de contactos con tribos e entón foi un movemento moi intenso daquela. Cando un ten eses anos dalgunha maneira necesita tamén ese momento de aventura.
Descrición Entrevista 1: Gravación extraída do programa radiofónico O son da súa vida, conducido por Cristina Lombao. Radio Galega. 1989.
Tipo de material
Audio. Voz. Entrevista
Data
00/00/1989
Medidas
Duración de 55 segundos
Publicacións
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Emisión: Radio Galega
Etiquetas
Ficha descritiva
Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
Notas legais
Copyright da edición, Consello da Cultura Galega