Material
Homenaxe a Avilés de Taramancos 31: Entrevista na Radio Galega
Detalle
—Pois nós temos que cambiar, porque eu quería chegar a Noia, e ímonos despedir de Colombia con outra música colombiana, un popurrí colombiano, e imos chegar a Noia rapidamente porque queda moi pouquiño tempo.—Aí está Cresencio Salcedo. Esta música sempre me leva a Medellín, a ver este músico que andaba a pedir descalzo polas rúas de Medellin, coa súa frauta de cana, tocando esas melodías que deron a volta ao mundo e que lle roubou un home que se chamaba Carlos Fuentes, que gravou e que el é o que cobra os dereitos. Ás veces pasa iso porque Cresencio Salcedo era un home do pobo, e iso é case música popular colombiana, de frauta de cana. Entón iso sempre me leva a aquela figura tan entrañable de Cresencio Salcedo co seu sombreiro posto na beirarrúa para pedir, e facendo as melodías que deron a volta ao mundo e que levaron a música colombiana a todas as partes. Esa é quizais a miña despedida de Colombia.


