<cite>Homenaxe a Avilés de Taramancos</cite> 32: Entrevista en RNE | Audio. Voz. Entrevista | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 32: Entrevista en RNE

Antón Avilés de Taramancos (entrevistado/a)
00/00/1988
0:00 / 0:00
—¿De que xeito todas as vivencias de Colombia afectan á túa poesía?
—Eu sempre tiven a poesía un pouco á marxe do que é o desenvolvemento natural da vida. A poesía sempre foi para min unha especie de refuxio onde, despois de todos estes avatares que se poden relatar, e que forman parte xa máis ben dun pasado que dun presente, tiña ese recuncho da poesía, espiritual, se se quere, para poder zafarme un pouco do andar aqueloutrado do que era en certo modo sobrevivir. Entón, pois non sei, algo se pode transvasar á poesía porque a vida á fin e ao cabo dalgunha maneira é un espello no que a poesía se reflicte ou viceversa. Pero non é precisamente toda esta cousa que se dixo antes, unha fonte esencial da poesía. A poesía é algo máis fonda, algo máis profunda, é ir desvelando o misterio das cousas. Se ten algo que ver algunha vivencia, algún xesto ou algunha cousa que a un lle queda, no fondo é máis ben ese refuxio que un busca.
Descrición Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.
Tipo de material
Audio. Voz. Entrevista
Data
00/00/1988
Medidas
Duración de 1 minutos e 16 segundos
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Propiedade: Radio Nacional de España
Emisión: Radio Nacional de España - Radio 4
Etiquetas
Ficha descritiva
Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
Notas legais
Copyright da edición, Consello da Cultura Galega