<cite>Homenaxe a Avilés de Taramancos</cite> 34: Entrevista en RNE | Audio. Voz. Entrevista | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 34: Entrevista en RNE

Antón Avilés de Taramancos (entrevistado/a) · Ramón Otero Pedrayo (Mencionado/a)
00/00/1988
0:00 / 0:00
—¿Que é máis importante a natureza e o ambiente de Galicia ou a xente?
—Sempre é máis importante a xente, loxicamente. A natureza á fin e ao cabo é un escenario onde se move a xente e nós somos parte da xente. Entón a xente é o que che dá ese espírito de ir entendendo a natureza. Vanse compenetrando. Loxicamente ti sabes que hai unha teoría, que parece que descubriu don Ramón Otero Pedrayo: que a xente e a paisaxe, dalgunha maneira, se van entendendo e vanse compenetrando de tal xeito que chegan a ser a mesma cousa. Pero indubidablemente sempre é a xente, o espírito da xente, que incluso hai a teoría de que non morre senón que vai facendo sedimento da patria, que dalgunha maneira vai facendo ese fluír eterno que nos fai os xestos e que nos fai a palabra e que nos fai a maneira de ser. Entón a xente sempre é máis importante indubidablemente cá natureza.
Descrición Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.
Tipo de material
Audio. Voz. Entrevista
Data
00/00/1988
Medidas
Duración de 59 segundos
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Propiedade: Radio Nacional de España
Emisión: Radio Nacional de España - Radio 4
Etiquetas
Ficha descritiva
Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
Notas legais
Copyright da edición, Consello da Cultura Galega