<cite>Homenaxe a Avilés de Taramancos</cite> 41: Entrevista en RNE | Audio. Voz. Entrevista | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 41: Entrevista en RNE

Antón Avilés de Taramancos (entrevistado/a)
00/00/1988
0:00 / 0:00
—¿Como ves a poesía galega hoxe?
—Estamos vivindo un momento especial da poesía con todo o que se diga –e vós sabedes que se din moitas cousas de séculos de ouro e cousas desas, que todo, en certo modo, son palabras feitas–. Pero o certo é que se está vivindo un momento intenso da poesía en Galicia, porque hai unha verdadeira…, pois non sei cómo dicir, pero si hai un interese grande pola poesía, polo menos nalgúns círculos, e hai cantidade de xente preocupada por iso. Vese, por exemplo, en que a min cóntame Basilio Losada, nunha carta que me escribe agora, que en Barcelona están un pouco sorprendidos de que unha colección de poesía teña vinte libros publicados en dous anos ou tres e que teña para publicar dous anos máis. Entón os cataláns están un pouco sorprendidos de que se escriba, de que se faga tanto, e ademais libros de calidade. Non é que sexa o século de ouro pero estase facendo unha calidade poética de altura e interesante. Entón o poeta está tamén tendo unha incidencia na vida social da nosa terra como non tivo antes. Primeiro porque os medios de comunicación son outros; está máis presente neles, porque anda no medio da xente, vive no medio da xente e acabouse un pouco a figura do poeta romántico, do poeta soñador, do poeta vestido de negro e de capa e toda esa historia, e o poeta é un traballador máis que traballa nun eido en que as cousas son moi esenciais, e que está mesmo case traballando na raíz do que é o noso ser e a nosa terra.
Descrición Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.
Tipo de material
Audio. Voz. Entrevista
Data
00/00/1988
Medidas
Duración de 1 minutos e 46 segundos
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Propiedade: Radio Nacional de España
Emisión: Radio Nacional de España - Radio 4
Etiquetas
Ficha descritiva
Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
Notas legais
Copyright da edición, Consello da Cultura Galega