0:00 / 0:00
—¿En que medida o poeta e a poesía ten que incidir e modificar o contorno en que vive?
—O noso país haino que facer, haino que construír ou reconstruír, desde moitas bandas, e o poeta ten que participar indubidablemente na reconstrucción do que é a identidade e no que é a reconstrucción do país galego. Entón non se pode ser neste momento un poeta de torre de marfil; ou sexa, subir o poeta á súa torre, agacharse un pouco de todo o que o rodea e escribir a súa obra perfecta e toda esa historia. O poeta ten que integrarse na loita común de todo o pobo galego porque o poeta tamén é unha especie de profeta, e unha especie de loitador que ten moito máis claras as esencias da patria do que as ten a xente común. Polo tanto, nun país que se está a refacer, a reconstruír, ou buscando, como se di agora, a súa propia identidade, o poeta ten que ser unha peza esencial desa loita de reconstrucción. Non pode esquivar esa loita nunca.

Descrición
Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.