<cite>Homenaxe a Avilés de Taramancos</cite> 47: Entrevista en RNE | Audio. Voz. Entrevista | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Entrevista

Homenaxe a Avilés de Taramancos 47: Entrevista en RNE

Antón Avilés de Taramancos (entrevistado/a)
00/00/1988
0:00 / 0:00
—Pero parece que ti te resistes a todas esas mortes.
—Si, si, eu resístome sempre, e pelexo –eu estou falando quizais unha linguaxe un pouco poética neste caso–; pero o certo é que eu sempre me repoño a toda esa historia, sigo para diante tan campante e comezo outra vez de novo, non soamente na vida poética senón na vida real. Eu comezo as veces que sexa necesario. Tanto é así que eu pasei da xeración á que pertenzo á xeración Dorna tranquilamente; ou sexa, que non teño problema. Comezo sempre e parto outra vez de onde teña que partir.
Descrición Entrevista 2: Gravación extraída do programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio 4. 1988.
Tipo de material
Audio. Voz. Entrevista
Data
00/00/1988
Medidas
Duración de 38 segundos
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Propiedade: Radio Nacional de España
Emisión: Radio Nacional de España - Radio 4
Etiquetas
Ficha descritiva
Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
Notas legais
Copyright da edición, Consello da Cultura Galega