<cite>Homenaxe a Avilés de Taramancos</cite> 51: «Chachahuí» | Audio. Voz. Recitado | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Recitado

Homenaxe a Avilés de Taramancos 51: «Chachahuí»

00/00/1988
0:00 / 0:00
Ter unha casa en Chachahuí sobre do cume
do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachahuí
e ver no fondo do precipicio o Putumaio
brincar como un regueiro pequeniño.

Ter unha casa en Chachahuí
e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocuios, o canto do turpial
e o miar estremecedor do puma negro.

Ter unha casa en Chachahuí,
esquecerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo
amigo do sol.

Ter unha casa en Chachahuí.
Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador,
brillan as flores ventureiras.
Pero as estrelas son máis grandes.

Ter unha casa en Chachahuí.
Descrición O poema “Chachahuí” pertence ó programa radiofónico A Viborona, conducido por Ana Romaní e Antón Rodríguez López. RNE. Radio
Catro. 1988.
Para a súa transcrición seguiuse a versión recollida en Antoloxía (limiar e escolma Ana Romaní) editado por Galaxia en 2003.
Tipo de material
Audio. Voz. Recitado
Data
00/00/1988
Medidas
Duración de 1 minutos e 05 segundos
Entidades
Arquivo depositario: Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Propiedade: Radio Nacional de España
Emisión: Radio Nacional de España - Radio 4
Etiquetas
Ficha descritiva
Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada
Localización física
Arquivo Sonoro de Galicia (Consello da Cultura Galega). Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Notas
A transcrición dos textos está adaptada, fundamentalmente en cuestións ortográficas e gramaticais, á actual normativa lingüística.
Este contido é parte do libro Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (Consello da Cultura Galega, 2003).
Notas legais
Copyright da edición, Consello da Cultura Galega