s/t | Audio. Voz. Recitado | Consello da Cultura Galega
Audio. Voz. Recitado

s/t

Ismael Ramos Castelo (autoría) · Ismael Ramos Castelo (recitador/a)
21/03/2021
0:00 / 0:00
ordeno o cuarto sen atopar o centro amor
e digo amor pero xa sen ganas
como imaxino que o di a xente que xa non
parellas collidas da man pola Alameda
ás tardes camiño o cuarto amor
e é unha lección de baile
as cousas que memorizamos para ter algo
que repetir en lugar de saltar
camiño o cuarto nese equilibro de
non querer dicir amor por medo
a que alguén escriba un poema
ou teza un tapiz
e non vexa como entra o vento
no cuarto amor
tan estrema a punta das follas
a ansia das árbores
o vento que o desordena todo e me deixa só
tan canso amor
para volver comezar
Tipo de material
Audio. Voz. Recitado
Data
21/03/2021
Ficha descritiva
Gravación de audio de poetas recitando