Material
A Lindona de Galicia
Unha ficción sonora baseada na Lindona de Galicia
Detalle
Ofrecemos unha escolma da obra dramática inspirada nas radionovelas clásicas e nas dramatizacións sonoras do teatro. Desde o venres 26 ata o martes 30 de marzo podes seguir, en formato podcast, as pasaxes máis destacadas desta obra ambientada nun dos periodos máis turbulentos da historia galega. Podes escoitar cada novo episodio a partir das dez da mañá neste sitio web ou nos teus repositorios podcast de referencia.A dramaturxia e dirección corresponde a Tito Asorey. A obra está interpretada por Melania Cruz, Sergio Zearreta, Josito Porto e Tito Asorey. A sonorización é de Chus Silva.




