Por que non funcionan as dietas | Vídeo. Remoto. Youtube, TED | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube, TED

Por que non funcionan as dietas

Sandra Aamodt (autoría)
Descrición

Vídeo de TED (12´ 38´´) no que a neurocientífica Sandra Aamodt explica por que resulta tan complicado para as persoas baixar de peso. A explicación está no noso propio cerebro, que é o que controla de xeito inconsciente a sensación de fame e o consumo de enerxía. O hipotálamo é a parte do cerebro que regula a nosa masa corporal e nesta charla descubrirás cal é o seu funcionamento e por que o seu obxectivo é conseguir que non perdamos peso. Por este motivo, Sandra Aamodt propón que centremos os nosos esforzos en aprender a comer correctamente para non gañar peso, en lugar de malgastar o tempo facendo dietas que non funcionan.
Tradución ao galego de Sara Vázquez Mera.



Especiais
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube, TED