Como a escola pública americana mantén aos nenos na pobreza | Vídeo. Remoto. Youtube | Consello da Cultura Galega
Vídeo. Remoto. Youtube

Como a escola pública americana mantén aos nenos na pobreza

Kandice Sumner (autoría)
Descrición Vídeo de TED (13´ 50´´) no que Kandice Sumner nos conta como nos Estados Unidos a circunstancias socioeconómicas do alumnado son determinantes no seu futuro educativo. Baseándose na súa experiencia como docente na escola pública, reflexiona sobre a desigualdade das condicións educativas que teñen os/as fillos/as de familias acomodadas, que poden permitirse ir a centros dotados dos recursos axeitados (biblioteca, instalacións deportivas ben equipadas, patios seguros...) e os nenos/as de clase socioeconómica baixa (nomeadamente os da comunidade negra), que non teñen acceso nas súas escolas aos mesmos recursos nin ferramentas pedagóxicas. Kandice Sumner convida ás institucións educativas a que invistan os recursos necesarios para que todo o alumnado poida ter acceso a unha educación de calidade, independentemente do lugar no que resida ou da cor da súa pel.

Tradución ao galego de Enara Caride.
Tipo de material
Vídeo. Remoto. Youtube
Medidas
13 minutos e 50 segundos