«Derecho a voto libre en los cuarteles» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Escola de democracia

Material

Escola de democracia

«Derecho a voto libre en los cuarteles»

Image 1
Detalle
Un dos espazos sinalados para difundir valores democráticos de convivencia e tolerancia tras a morte do ditador foi o Exército. Soporte do Réxime durante máis de corenta anos, as primeiras eleccións libres supoñían unha xanela de oportunidade para introducir ao estamento militar no proceso de cambio. A experiencia da veciña Portugal, cun exército que se levantou contra Marcelo Caetano en 1974, atopábase ben recente. O Comité de Soldados e Mariñeiros, vencellado por entón á Liga Comunista Revolucionaria (LCR), demandaba que nos cuarteis houbera a capacidade dunha maior pluralidade ideolóxica, con liberdade de elección e libre discusión de programas de partidos políticos. A democracia debía chegar a todos os recantos da sociedade, e moi sinaladamente, cara aqueles, como era o caso do exército, que xogaron -e xogaban naquel intre- un peso específico determinante dentro dos valores e dos feitos da ditadura.
Descrición
Exposición de propostas dos Comités e apoio as candidaturas obreiras.
Metadatos