«Para acabar de una vez con el franquismo» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Para acabar de una vez con el franquismo»

00/00/1979
Propaganda electoral da Candidatura Unitaria de Izquierda Republicana. O recordo negativo da Segunda República foi unha das bases do relato da ditadura para a súa permanencia. Despois de morto o ditador e considerada inevitable pola maioría da sociedade a chegada da democracia, adiviñábase o recordo do anterior período democrático. Os berros de "Mañana, España, será republicana" caracterizaban as primeiras mobilizacións destes anos. A lembranza do feito naqueles primeiros anos determinou a construción da nova democracia e caracterizou o seu percorrido coa aplicación dunha ‘amnesia’ voluntaria, sobre o medo de repetir a parte máis negativa daquel pasado. As organizacións hexemónicas no espectro do centroesquerda e da esquerda, o PSOE e o PCE, aceptaron o modelo monárquico.
Descrición Propaganda electoral da Candidatura Unitaria de Izquierda Republicana, co lema "Para acabar con el franquismo, por la república, vota a las candidaturas de la izquierda unitaria". O fondo é unha bandeira republicana española. Inclúe un debuxo dun escudo do partido Izquierda Republicana (da II República) enmarcado nun círculo.

Especiais
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1979
Medidas
98 x 207
Entidades
Mención: Candidatura Unitaria de Izquierda Republicana [CUIZ]
Edición: Convención Republicana de los Pueblos de España [CRPE]
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART1-18
Notas
Un único cartaz dividido en tres documentos distintos.