Cartel clandestino co retrato do vigués Xosé Humberto Baena, quen, o 27 de setembro de 1975, cando contaba 24 anos, foi fusilado tras un polémico proceso xunto con José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot e Ángel Otaegui. Eles serían os derradeiros executados pola ditadura. As execucións pretendían ser unha brutal proba de que o réxime seguía tendo fortaleza. Mais, o acontecemento espertou o rexeitamento da comunidade internacional e unha intensa resposta social, plasmada en mobilizacións populares, intelectuais e mesmo eclesiásticas. A repercusión informativa foi un claro síntoma de que o réxime non era capaz de empregar as súas ferramentas represivas coa mesma impunidade coa que contara en décadas precedentes.
Descrición
Retrato de Xosé Baena, xunto a unha apelación a favor da República Popular Federativa e a militancia no PCE(m-l) e FRAP.