«27 de Septiembre» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A fin da ditadura

Material

A fin da ditadura

«27 de Septiembre»

Image 1
Detalle
Cartel alusivo ás derradeiras execucións practicadas polo franquismo, o 27 de setembro de 1975, menos de dous meses antes da morte do ditador. Nas poboacións de Hoyo de Manzanares (Madrid), Barcelona e Burgos foron fusiladas un total de cinco persoas, tres pertencentes ao Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP) –José Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz– e dous a ETA –Juan Paredes Manot e Ángel Otaegui–, en aplicación da lexislación penal relativa a delitos de terrorismo. A execución das penas estivo precedida por unha intensa campaña tanto interna como desde o estranxeiro en favor de evitar os fusilamentos, e foi seguida dunha vaga de protestas e denuncias contra o réxime ditatorial.
Descrición
Homenaxe aos últimos executados polo franquismo, o 27 de setembro de 1975. Un atado a unha soga. No fondo imaxes de Guardias Civiles agachados en posición de disparo, cunha cruz por enriba.
Metadatos