«Democracia quere decir libertade de elección política. Acabar co medo» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Democracia quere decir libertade de elección política. Acabar co medo»

00/00/1977
Cartel editado polo Partido Comunista de Galicia (PCG), fundado en Francia en 1968 como organismo autónomo do Partido Comunista de España (PCE). Contou con implantación social nos centros industriais galegos e nos ambientes universitarios. Nos últimos anos da Ditadura, a estratexia de acción do PCE/PCG concretouse na loita sindical, da man de CCOO, pero tamén no movemento estudantil e no movemento veciñal. O seu obxetivo era estimular unha mobilización social que propiciase o colapso da Ditadura, salientando unha serie de contradicións que facían inviable a súa continuidade. Pero ademais, coa aposta pola oposición ao réxime dende os movementos sociais, o PCE/PCG tamén buscaba fomentar a concienciación democrática da sociedade, convertindoa en axente activo no proceso de ruptura coa Ditadura. Para iso, houbo que comenzar a poñer en práctica nocións básicas democráticas: o que era elixir representantes por sufraxio, a fiscalización e control das súas accións, as xuntanzas en asembleas, o respeto polas decisións tomadas por maioría logo dos debates, a participación cada vez menos esporádica en actos de reivindicación e protesta cívica, etc. Así, o sindicato da fábrica, e a asociación veciñal da parroquia ou barrio, tornáronse verdadeiras escolas de democracia, nun momento no que esta, logo de catro décadas de Franquismo, debía ser reconstruída dende a base.
Descrición Propaganda con siluetas humanas amoucada.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1977
Medidas
67,50x47,00
Entidades
Edición: Partido Comunista de Galicia
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART1-76