«Frente ao Estatuto da UCD, auténtica autonomía» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Frente ao Estatuto da UCD, auténtica autonomía»

04/12/1977
Chamamento á mobilización contra o modelo autonómico proposto pola UCD na Constitución de 1978. A manifestación do 4 de Nadal de 1979 en Vigo foi unha das maiores concentracións políticas daqueles anos. A resposta de protesta da maioría das organizacións galegas á esquerda do partido gobernante foi unánime, coa participación non só de todos os partidos nacionalistas e de esquerda, senón mesmo do PSdG, e de numerosos sectores da mesma UCD. De feito, o partido de centro en Galicia atopábase totalmente esgazado en dous no referente a que postura tomar fronte a un marco estatutario que fora amplamente reformado nas súas posibilidades competencias dende o propio Goberno do Estado. Realmente a posición do Estado respecto ao Estatuto galego representou un antes e un despois nas posibilidades reais do Estado das Autonomías.
Descrición Chamamento á mobilización contra o modelo autonómico proposto pola UCD na Constitución de 1978. Presidido por caricaturas dun grupo de persoas. Manifestación do 4 de Nadal.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
04/12/1977
Medidas
64,00x44,00
Entidades
Edición: Partido Galeguista
Edición: Comisiones Obreras
Edición: Unión General de Trabajadores
Edición: Unión Sindical Obrera
Edición: Partido Comunista Galego
Edición: Partido dos Socialistas de Galicia-Partido Socialista Obrero Español
Edición: Partido Obreiro Galego
Edición: Central de Traballadores Galegos [CTG]
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART1-87
Notas
Díaz Pardo- autoría