«¡estatuto dos 16 xa!» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«¡estatuto dos 16 xa!»

00/00/1979
Cartel do Partido de los Trabajadores de España (PTE-ORT) en defensa do proxecto orixinal para o Estatuto de autonomía. O artellamento da Comunidade Autónoma de Galicia foi realizado pola vía rápida constitucional, á que podían acceder os “territorios que en el pasado hubiesen plebiscitado afirmativamente proyectos de Estatuto de autonomía”, como era o caso do Estatuto galego de 1936. A tramitación do Estatuto estivo marcada pola polémica, dados os diversos recortes no autogoberno negociados entre a UCD e o PSOE, que cambiaron o texto orixinal, alcumado Estatuto dos 16, polo actual estatuto, que unha parte do espectro político chamou Estatuto da aldraxe.
Descrición Dúas caras. Apoio ao estatuto dos 16.No reverso convocatoria dunha "festa popular galega", A Coruña, Parque Santa Margarita, dia 24, 12:00. En letra branca sobre fondo azul. O debuxo dunha cara dun home con barba ocupa a maior parte de ambas caras do cartaz
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1979
Medidas
54x40
Entidades
Edición: Partido de los Trabajadores de España-organización Revolucionaria de los Trabajadores
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-1
Notas
c.1979