«Non ao monstruo do Atlantico S.A» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Non ao monstruo do Atlantico S.A»

00/00/1977
Cartel de propaganda contra a construción da Autoestrada do Atlántico (AP-9). Aínda que prometía conectar o maior eixe económico e demográfico do país, o proxecto, que fora xa elaborado durante a ditadura, repercutiría no lucro de empresas privadas e implicaba a expropiación dunha gran cantidade de terras campesiñas. Isto desembocou en masivas protestas, sabotaxes e mesmo enfrontamentos coa policía para deter a construción ou forzar cambios no trazado. A nova autoestrada determinou sen dúbida o futuro desenvolvemento económico do país cara á súa franxa atlántica.
Descrición Propaganda contra a AP-9. Debuxo dun monstruo simbolizando unha autoestrada, sobre un fondo azul.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1977
Medidas
68x48
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-22