«Dia dos herois antifascistas» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A fin da ditadura

Material

A fin da ditadura

«Dia dos herois antifascistas»

Image 1
Detalle
Cartel alusivo ás derradeiras execucións practicadas polo Franquismo, o 27 de setembro de 1975. A execución das penas estivo precedida por unha intensa campaña tanto interna como dende o estranxeiro en favor de evitar os fusilamentos, e foi seguida dunha vaga de protestas e denuncias contra o réxime ditatorial.
O cartel expresa unha memoria presente en certos grupos da esquerda sobre os executados, aludindo non (só) á súa condición de vítimas, senón tamén ao seu rol como referentes da loita contra o fascismo e polas liberdades democráticas.
A percepción de que a resolución daquel pasado xogábase tamén naquel presente atópase na selección de nomes sinalados. A cuestión do ‘antifascismo’ como cultura común básica para entender o desenvolvemento da europea sociedade de benestar, voltaba a reclamarse nos derradeiros anos da ditadura franquista. Xa non eran os tempos finais da Segunda Guerra Mundial, e a extraordinaria e anacrónica duración do réxime de Franco transmitía unha sensación de que o tempo se paraba.
Descrición
Propaganda de homenaxe aos útlimos fusilados do franquismo (25 de setembro de 1975). Cartaz co lema "Unidade popular contra o fascismo e polas libertades democraticas. Rehabilitación das víctimas do fascismo!". Debuxo coas caras de varios asasinados polo réxime franquista, e dun conxunto de persoas manifestándose.
Metadatos