Expóñense os puntos que representaban o proxecto político da Transición: a amnistía, a armazón representativa de partidos, a liberdade de asociación, de sindicación e de manifestación e un estado descentralizado. Case catro décadas de réxime ditatorial crearon hábitos de convivencia e fixo esquecer prácticas democráticas. Un rescaldo transmitido na súa maioría de xeito íntimo que necesitaba reactivarse. Toda a sociedade tivo que perder o medo a converterse en cidadán, ser capaz de expresarse libremente na ágora pública e decidir persoalmente o seu futuro. Os esforzos en clave didáctica sobre o avance que significaba ter dereitos políticos foron numerosos, especialmente nos primeiros anos ata a aprobación da Constitución en decembro de 1978. Poder votar converteuse na ‘festa da democracia’.
Descrición
Enumeración e explicación das principais propostas do !autor do cartaz!: (1) amnistía, (2) democracia, (3) dereito asemblea, folga e organización sindical, (4) liberdade de expresión, reunión e asociación, (5) autogoberno, (6) dereito manifestación. Cada punto vai acompañados de varios debuxos: presos saíndo da cadea, persoas nunha manifestación, falsas promesas políticas e emigración, imprentas e lectores de xornais, etc.