«Entra no Axuntamento. Vota PCG» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«Entra no Axuntamento. Vota PCG»

00/00/1979
Propaganda electoral do Partido Comunista Galego para as eleccións municipais. A mensaxe pretende centrarse en chamar a atención sobre as infraestruturas municipais, nivel administrativo que precisaba nestes anos un reforzamento da súa actuación respecto do Estado central. As primeiras eleccións municipais representaron a designación dos representantes máis achegados á sociedade e, de feito, no marco do camiño do proceso de transición foron as últimas en ser realizadas. A estrutura territorial do poder mudou: partindo do paradigma da xestión ‘delegada’ do poder central, a autonomía dos poderes locais incrementouse coa elección dos seus representantes.
Descrición Propaganda electororal do PCG para as municipais de 1979, co lema "se queres campos deportivos metelles un gol". Debuxo dun rapaz xogando cun balón.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1979
Medidas
89,50x64,50
Entidades
Edición: Partido Comunista Galego
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-32