«25 de xullo. Dia da patria galega» | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

«25 de xullo. Dia da patria galega»

A 'Asemblea pra ceibar os presos políticos galegos' (ACPG) ten unha publicística ben rechamante e combativa, algo que caracterizou a esta formación. O cartel inclúe referencias ás temáticas da esquerda radical do momento, como a reclamación de amnistía, e mesmo "pola autodeterminación e o socialismo". Inclúe unha composición cunha temática sobre as loitas sindicais urbanas que se estaban a vivir en Vigo a partir de 1978 ao redor dos conflitos ao redor do estaleiro Ascón, un dos focos de confrontación social máis crítico -e con continuidade no tempo- da Galicia da Transición.
Descrición Chamamento á mobilización polo 25 de xullo, "todos a Santiago" pola defensa da amnistía, a autodeterminación e o socialismo. Deseño: un puño en alto sobre unha estrela vermella, dentro, un home protexido por unha barricada de pneumáticos, lanza un obxecto co seu tirachinas.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Medidas
59,50x41,50
Entidades
Edición: Asemblea pra ceibar os presos políticos [ACPG]
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-36
Notas
Repetido en CART2-118.