Cartaz electoral IDC | Imaxe. Cartel | Consello da Cultura Galega
Imaxe. Cartel

Cartaz electoral IDC

00/00/1981
Cartel dos Independientes en Defensa de la Capitalidad de La Coruña. Unha das cuestións que había que resolver durante o proceso autonomista foi o da capitalidade, que xa fora motivo de polémica na redacción do Estatuto de 1936. A cidade da Coruña historicamente funcionara como sede administrativa central de Galicia e cordón umbilical con Madrid dende os inicios do Estado Liberal no primeiro terzo do século XIX. Mesmo se reforzou esta consideración ao converterse ‘de facto’ en sede do Estado durante a ditadura, nas estadías estivais de Francisco Franco e a súa familia no Pazo de Meirás. Vigo, o maior centro económico e demográfico, reclamaba a súa idoneidade. A elección da capitalidade en Santiago de Compostela provocou o reforzamento de posturas localistas, que marcaron o desenvolvemento da identidade galega durante anos.
Descrición Propaganda electoral IDC centrada na recuperación da capitalidade da Coruña. No centro a provincia da Coruña, exenta do resto de Galiza, coa Torre de Hércules superposta, iluminando o nome da candidatura. Unha cinta verde atravesa de esquerda a dereita, de arriba a abaixo.
Tipo de material
Imaxe. Cartel
Data
00/00/1981
Medidas
50x34,5
Entidades
Edición: Independientes en Defensa de la Capitalidad de La Coruña [IDC]
Ficha descritiva
Cartaz
Localización física
SOLT-CART2-39