«25 de xullo dia da patria galega» / Imaxe. Cartel/ FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Aqueles 25 de xullo

Material

Aqueles 25 de xullo

«25 de xullo dia da patria galega»

Image 1
Detalle
A Convención Republicana de Galicia (CRG) foi un partido legalizado cando a AN-PG, con bastante actividade na área da Coruña e zonas urbanas. Aínda que a CRG solicita tamén "a autodeterminación e a república" para Galicia, a súa proposta para o día de Santiago é distinta: sitúa a bandeira galega nun segundo plano mentres varias mans sosteñen pendóns con tres bandeiras republicanas españolas por diante. De novo referencias cara o futuro sen perder de vista o pasado recente.
Descrición
Propaganda de Convención Republicana de Galicia para o 25 de xullo, co lema "pola autoderminacion e pola republica". Debuxo dunha bandeira de Galicia en conxunto con bandeiras republicanas.
Metadatos